top of page
Pizarra web Ximnasia.png

Impártese na Asociación  Breogán dende o ano 2004.

 

Anteriormente viña ofrecéndose dende a Asociación de Veciños do Real no Centro Ramón Cabanillas con moita afluencia veciñal a esta actividade tan beneficiosa para a saúde.

No ano 2003 a Asociación de Veciños do Real cesou nas súas actividades e a petición dos socios de Breogán empezamos a ofertalo con moi boa aceptación.

Desta sección de Breogán sempre se ocupou Berta Tenorio, e pola nosa aula de Ximnasia e Pilates pasaron como monitoras Diego, Olalla, Quique, Noemí, e actualmente María.

Animámosvos a participar con Breogán no estilo de vida saudable en todos os aspectos que ofrece esta actividade, invertindo unhas poucas horas á semana que farán a vosa vida moito mellor

bottom of page