
Breogán de Moaña


O Grupo de Pandeiretas, e despois Pandeireta e Canto dende 1996, tamén é unha sección importante no grupo, pero non unha sección que sempre se mantivese ao longo do tempo, pois algúns anos non podían asumirse os custes de todo o profesorado. Chegado ese caso a prioridade estableceuse sempre nas seccións de Baile e Gaita.
Henrique formou unhas rapazas que foron unhas pandereteiras excepcionais. Despois, no ano 1996, empezamos con pandeireta e canto coa mestra Mely de Xalgarete. No 1999 contamos con Xulián Mogín del Polzo, que tamén impartiu nesa época as aulas da Sección de Baile Galego. Complétase o grupo de mestras desta sección na nosa historia con Jacobo Currás (Breogán), Pilar Gonçalves e Sandra Diéguez.
No 2019 demos por finalizada unha etapa da Aula de Pandeireta e Canto e en breve esperamos volver a iniciala con nova mestra e unha redifinición dos obxectivos desta aula.
Mantédevos atentas. Haberá interesantes novidades
