
Breogán de Moaña


Esta actividade impártese en Breogán dende o ano 2000 e iniciamos esta andaina da man de Carmen Santomé e Olga Viéitez como formadoras.
Elas dúas levaban uns anos impartindo Obradoiros de Nadal a través dos Servizos Sociais do Concello de Moaña nos centros culturais de todas as parroquias con moito éxito e moi boa acollida.
Carmen sempre estivo moi interesada polo mundo dos labores como o ganchillo, a costura, calceta, etc. e así no ano 1995 comezou a formarse no mundo do Patchwork coa mestra de Vigo Mar Fernández.
Seguiu a perfeccionarse en obradoiros impartidos por mestras como Dolores Salgueiro, Neus Diestre ou Pepa de La Morena.
Tamén dende o ano 2010 imparte aulas sobre esta materia no Centro Castroviejo de Tirán.
Carmen dispón de Carta de Artesá na área de Centón outorgada pola Xunta de Galicia no ano 2010 e impartiu esta actividade en Breogán ata o ano 2019.
Xa no ano 2020 decide levar a un segundo plano esta actividade docente e pasa a impartir o cen por cen da actividade a súa compañeira Olga Viéitez, mestra tamen tantos anos nesta aula.
A súa mestría e experiencia nestes oficios artesáns está ao voso dispor en Breogán para que disfutedes das marabillas que nin imaxinades que poden saír das vosas mans
