Memorial Lola Diz              

- Henrique Otero

No ano 1988 fina Lola Diz, fundadora de Breogán de Moaña e Presidenta dende a súa fundación no 1981 (como asociación legalmente constituída) ata este mesmo ano.

En canto Breogán puido recompoñerse deste golpe reaccionamos e puxemonos mans á obra para establecer un espazo no que todos os anos tivesemos a oportunidade de traer de novo á memoria colectiva a imaxe de Lola, homenaxeándoa cun acto que era aquilo polo que ela sempre loitou, a defensa e promoción do noso folclore.

 

Así nace no ano 1989 o Certame Folclórico Cultural “Memorial Lola Diz” coa súa primeira edición.

O memorial converteuse nunha actividade cultural que todos os anos se celebra en Moaña e na que poñemos nas rúas, enriba do palco e nas aulas culturais o noso folclore nas súas distintas formas, para disfrutar del con todos os veciños e veciñas de Moaña, e con toda a xente que se achega ao noso chamamento dende calquera lugar, do Morrazo ou de máis lonxe.

Mais estar tantos anos na primeira liña do traballo polo noso folclore tamén implica que o tempo pasa para todas e os ciclos vitais teñen que pola natureza humana rematar,  e así no ano 2013 fóisenos Henrique Otero, outro loitador incansable das causas Breogán.

 

Foi outro golpe difícil de asumir, despois de fundar a nosa Escola de Gaitas e dirixila durante 29 anos ininterrompidos, mais, aínda noqueados, a reacción foi inmediata e xa ese mesmo ano, 25 despois de iniciar a andaina do Memorial Lola Diz, acordamos que nesa mesma data lembrariamos públicamente sempre a figura do Mestre, iniciando a súa propia homenaxe anual parella á de Lola Diz.

 

Comeza outra nova andaina co XXV Memorial Lola Diz – I Memorial Henrique Otero.

Na memoria e no arquivo gardamos a programación deste evento dende os seus inicios, que poñemos aquí ao voso dispor coas imaxes dos trípticos e carteis que publicamos para cada edición.

Ao longo destes anos de Memorial máis de mil compañeiras e compañeiros, que fan parte de máis de 120 grupos do mundo do folclore de toda a península, atenderon o noso convite para vir a Moaña a ofrecernos o seu traballo en máis de 170 concertos. Aquí facémolos presentes un por un.

Todos e cada un deles deixaron un gran recordo en todas e todos nós.

- Agrupación Folclórica Andarela / Vigo

- Agrupación Folclórica Beira do Rio / Pontesampaio

- Agrupación Folclórica Xalgarete / Vigo

- Agrupación Folclórica Xermolos / Guitiriz

- Agrupación Folclórica Xiabre / Valga

- Alejandro Paredes - Acordeonista / Moaña

- Andarela / Vigo

- Arestora / Moaña

- Asociación Cultural A Seneira / Baiona

- Asociación Cultural Chaefe / Viana - Castelo Miño

- Asociación Cultural Dorna / Illa de Arousa

- Asociación Cultural Queiroga / Paiosaco - A Laracha

- Asociación Folclórica Axóuxeres / Bergondo

- Asociación Folclórica Celme / Pontevedra

- Asociación Folclórica Os Muíños de Oliveira / Ponteareas

- Asociación Folklórica San Félix de Valdesoto /Asturias

- Aturuxo / A Coruña

- Banda de Gaita Sete Cuncas / Matamá - Vigo

- Banda de Gaitas Airiños de San Xulián / Marín

- Banda de Gaitas Mansadoira / Bueu

- Banda de Gaitas Raigames / Vigo

- Banda de Gaitas Xarabal / Vigo

- Banda de Música Airiños do Morrazo / Moaña

- Beiramar / Marín

- Breogán / Val Miñor

- Brincadeira / Compostela

- Brisas da Terra / Compostela

- Cans de Palleiro / Bembrive - Vigo

- Cantigas e Frores / Lugo

- Casa do Mar / Moaña

- Celme / Pontevedra

- Charaviscas / Moaña

- Contracocheno / Lavadores - Vigo

- Coros y Danzas de Monovar / Alicante

- Coros y Danzas Saavedra Fajardo / Algezares - Murcia

- Edovio / Caldas de Reis

- El Manantial de Santa Amalia / Badajoz

- Escola de Danza Falcatrueiros / Monterroso

- Fentos e Frouma / Marín

- Froles Mareliñas / Redondela

- Fumarada / Moaña

- Gambuzinos / Portugal

- Grupo Associativo de Divulgação Tradicional Forjäes / Esposende - Portugal

- Grupo Danzas y Paloteo La Mantilla / Segovia

- Grupo de Baile Airiños de San Xulián / Marín

- Grupo de Baile Tangaraño / Mos

- Grupo de Cantos y Danzas Puente de Ladrillo / Salamanca

- Grupo de Danzas Caramancho / Badajoz

- Grupo de Danzas de San Asensio / La Rioja

- Grupo de Danzas Entremontañas - Virgen de La Cuesta / Santander

- Grupo de Danzas Riba-Támega / Vila Meá de Amarante - Portugal

- Grupo de Danzas Ximalveira / O Hío - Cangas

- Grupo de Gaitas Brisas do Mar / A Coruña

- Grupo de Gandra / Ermesinde - Portugal

- Grupo de Pandereteiras Ardora / Moaña

- Grupo Etnográfico A Busaina / Coruxo - Vigo

- Grupo Etnográfico Maragatos / Astorga

- Grupo Folc Arroás / Moaña

- Grupo Folc Balavento

- Grupo Folc Taramela / Moaña

- Grupo Folclórico Asociación Cultural Xuntanza de Randufe / Tui

- Grupo Folclórico da Compañía de María / Cangas

- Grupo Folclórico da Sociedade Atlántida / Matamá - Vigo

- Grupo Folclórico Lembranzas da Ría / Hío - Cangas

- Grupo Folclórico Malveiras - Ex-Alumnos Colexio Salgado Torres / A Coruña 

- Grupo Folclórico Malveiras / Carril

- Grupo Folclórico Os Ventos de Comesaña / Vigo

- Grupo Folclórico Pedra da Garza de Fozara / Ponteareas

- Grupo Folclórico Tequexetéldere / A Estrada

- Grupo Folclórico Xente Xoven / Cangas

- Grupo Folklórico As Trigueirinhas do Pisão / Vila de Pedroso - Portugal

- Grupo Folklórico Onil / Alicante

- Grupo Folklórico San Lázaro / Zamora

- Grupo Folklórico Santa María de Moure / Barcelos - Portugal

- Grupo Folklórico Tradicional Coruera / Avilés - Asturias

- IAR / A Coruña

- Ledicia / Burela

- Ledicias de Vigo / Valadares - Vigo

- Lembranza / A Coruña

- Lembranzas do Tambre / Oroso

- Lembranzas Galegas / Vigo

- Maghúa /A Coruña

- Meiramar / Moaña

- Meiró / Vigo

- Noitarega / Vigo

- Nós, os outros

- Novo serán das Cortellas / Ponteareas

- O Son do Río / Mondariz

- Orfeón Mariñeiro do Berbés / Vigo

- Os Carunchos / Vigo

- Os Sibailas / Madrid

- Os Terribles de Donas / Val Miñor

- Rancho Folklórico de Dem / Caminha - Portugal

- Rancho Folklórico S.R.E. da Romería / Portugal

- Rancho Folklórico San Pedro de Reimonda / Portugal

- Repiques Serranos / Montejo de la Sierra - Madrid

- Retrouso / Cela

- Rosalía de Castro / Cacheiras

- Santa Eulalia / Moaña

- Santa María de Areas / Ponteareas

- Santa Marta de Portuzelo / Portugal

- Semente Nova / Moaña

- Sementes da Arte Galega / Vigo

- Sementes do Arte / Ordes

- Solaina / Moaña

- Terra Meiga / Ferrol

- Trazantes de Tenorio / Cotobade

- Trébede

- Treboada / Moaña

- Vendimia / Tarancón - Cuenca

- Xalgarete / Vigo

- Xebre - Grupo Escola de Violíns / A Coruña

- Xiabre de Cordeiro / Negreira

- Zugadela (Breogán de Moaña)