top of page

Entre os obxectivos da Asociación Folclórica Beogán de Moaña está, desde o mesmo momento da nosa fundación, a promoción da música propia do País, como non pode ser doutro xeito, e este feito marca o noso traballo e a concentración dunha boa parte dos nosos esforzos en ofrecer rexistros sonoros como un medio imprescindible para esta tarefa de difusión cultural. 

Tiñámolo claro hai trinta anos, cando publicamos o noso primeiro disco, e seguimos a telo claro hoxe, cando estamos a preparar unha nova publicación.

Nesta sección podedes acceder a toda a información sobre esta liña de traballo en Breogán de Moaña

Estudio-Quintela-2.jpg
bottom of page