
Breogán de Moaña

No ano 1991 publicamos un traballo discográfico titulado Breogán de Moaña.
Baixo a dirección artística e a supervisión do mestre e director do grupo, Henrique Otero, entramos no estudo de gravación e plasmamos unha impresión sonora do que naquel momento era Breogán e o xeito de traballar de Henrique, meticuloso e esixente, como todos esperabamos del, e que deixa para a posteridade un traballo do que sertirnos orgullosos, sobre o que non pesan os trinta anos pasados e que mostra a liña de Breogán nun camiño seguro do que nunca nos desviamos, con obras dunha enxebreza e complexidade técnica que define o noso xeito de traballar na música galega.
A escolla do repertorio representa ben a variedade dos ritmos propios galegos, tales como a Alborada, Muiñeira, Xota, Marcha, Golpe, Ribeirana ou Pasacorredoiras, e céntrase na obra de composición de Henrique, sendo el o autor de dez dos temas gravados aos que se suma un undécimo recollido no Cancioneiro de Casto Sampedro.

