top of page
Pizarra web Baile.png

Como xa dixemos anteriormente, Breogán de Moaña arranca no ano 1979 como Grupo-Escola de Baile Galego, aínda que non se pode esquecer tampouco o traballo desenvolvido por Breogán no tradicional Coro de Panxoliñas no Nadal ou a Comparsa de Curruvellos, coas máscaras tradicionais do Carnaval.

Dende o principio da Asociación a Sección de Baile estruturouse en varios grupos segundo as idades, repartidos nestas formacións:

  • Garabullos - 4 a 8 anos

  • Sementeira - 8 a 12 anos

  • Muxicas - 12 a 15 anos

  • Lumieira - 15 en diante / Grupo abandeirado)

  • Lareira  (Mulleres casadas)

 

Varios compoñentes da Sección de Baile exerceron sempre de monitores ou profesores de reforzo axudando cos ensaios dos máis pequenos, xa que eran moitos alumnos para ser atendidos por unha soa persoa, e os mestres oficiais eran para os grupos máis avanzados da Asociación.

 

Ao longo da historia de Breogán impartiron o seu ensino de baile galego dez persoas, a mitade delas xente ligada directamente ao propio grupo.

 

  Profesoras de baile:

  • Lola Diz (Breogán) - 1979/1988

  • Fina Cabadas - 1989/1991

  • Margot Otero (Breogán) - 1991/1995

  • Margarita Pérez Lorenzo - 1995/1996

  • Margot Otero (Breogán) - 1996/1998

  • Xulián Mogín del Pozo - 1998/2000

  • Margot Otero (Breogán) - 2001/2003

  • Manolo Cobas - 2004/2006

  • Nuria Gesteira - 2007/2008

  • Jacobo Currás (Breogán) - 2009/2014

  • Joana Graña (Breogán) - 2014/2016

  • Fernando Romero (Breogán) - 2017/Actualidade

 

Dentro da agrupación cabe destacar unha persoa como foi Margot Otero, unha daquelas nenas que empezaron no grupo, que foi bailarina e despois mestra varios anos en épocas distintas. Grazas a ela o grupo seguíu cos seus bailes de sempre.

 

Tamén Jacobo, Joana e Fernando pasaron por todas as fases dende alumnos a mestres, e asi fixeron unha gran aportación ao grupo para que éste siga adiante.

A día de hoxe segue a conformar unha das nosas grandes razóns de ser o espazo adicado ao Baile Galego. É así que mantemos con plena vitalidade esta Escola de Baile Galego que conforma a nosa raíz máis profunda como Asociación, e que puxa con forza para seguir a recuperar e a facer Folclore no séxulo XXI.

Como Asociación Cultural, en Breogán valoramos para esta actividade os estudos que demostran que o baile é xenerador de múltiples beneficios para quen o practica, en áreas persoais como o Desenvolvemento da creatividade, Mellora do estado de ánimo, Retraso no envellecemento do noso cerebro, Mellora na toma de decisións, Mellora na comunicación con un mesmo e cos demais, e por tanto tamén da sociabilidade, e Mellora da Psicomotricidade, por citar só uns poucos dos efectos beneficiosos do baile.

O responsable de impartir esta área de coñecemento é dende o ano 2017 o Mestre Fernando Romero.

Está ao enteiro dispor para iniciarvos e perfeccionarvos, a vos e ao voso entorno familiar e de amizades, nesta actividade cultural que ademais axuda a manter a forma física e psíquica nun estado de saúde formidable ao tempo que é un precioso espazo de relación social. 

 

Mirade os horarios que temos na pizarra e animádevos a introducirvos nesta apaixoante actividade quen nunca antes o fixestes, e tamén a voltar a ela se tivestes que abandoala en algún momento polos motivos  que sexan e agora as circunstancias volo permiten. Ídelo disfrutar.

As nosas portas sempre están abertas para todas e todos vós.

2009_Letras_Galegas_2.jpg
bottom of page