top of page

Abrimos esta sección co último traballo que en Breogán de Moaña preparamos para que a memoria de Lola Diz e Henrique Otero permanezan tan presentes coma sempre, neste ano 2020 no que a pandemia arrasou, ademais da saúde colectiva tamén moitas propostas e iniciativas culturais.

 

Breogán de Moaña fixemos un gran esforzo para que, aínda que fose de xeito virtual, o XXXII Memorial Lola Diz - VIII Memorial Henrique Otero non faltase entre os eventos clásicos do noso folclore.

 

Só podemos mostrar o noso máximo agradecemento a todas e todos os membros dos grupos que pasaron por este palco virtual, en número nada máis e nada menos que de 115, e por suposto ás familias de Lola Diz e de Henriqe Otero, que tiveron a ben adicarnos o seu tempo para falar destas dúas figuras fundamentais no folclore galego e moi especialmente no do Morrazo, así como tamén ao Concello de Moaña, á Asociación de Gaiteiros Galegos, á Radio Galega da man de Emilio Españadero no seu "Lume na Palleira", e a todas as colaboradoras e colaboradores, de dentro e de fóra de Breogán, que o fixeron posible.

Disfrutádeo tanto coma nós, paga a pena.

bottom of page