top of page

O Portfolio é un pequeno álbum fotográfico no que traemos ao presente as imaxes e os audiovisuais de momentos importantes ao longo da vida de Breogán de Moaña.

 

Ben certo é que en 40 anos de andaina o número de documentos é inmenso, e pretender traelo todo á primeira liña é imposible. Facemos aquí só unha pequena selección representativa da nosa historia, para comezar, e pouco a pouco iremos enriquecendo esta sección con novas achegas históricas e tamén máis actuais.

Por Breogán de Moaña teñen pasado centos de persoas, veciñas e amigas, que seguro disfrutarán redescubrindo nestas fotos e vídeos a súa imaxe de anos atrás, e traerálles ao presente tempos que foron e son moi fermosos na compaña dos amigos e amigas, disfrutando a facer aquilo ao que se entregaron e do que vaias onde vaias sempre queda dentro unha raíz que en calquera momento pode volver prender.

A nosa historia en imaxes...

Portfolio-2.jpg
bottom of page