
Breogán de Moaña

A Asociación Folclórica e Cultural Breogán de Moaña centra as súas actividades, como xa dixemos, nas áreas relacionadas co Folclore dende as disciplinas do Baile e a Música Galega e sempre dende a defensa e promoción da nosa lingua. Mais este obxectivo fundacional non perde a vista de todo aquilo que a sociedade demanda para o benestar tanto físico como intelectual e social.
É así que por demanda da base social, que sempre guía o rumbo de calquera asociación veciñal que se precie de exercer ben a súa función, incorpóranse ás nosas actividades habituais materias relacionadas co benestar persoal e cos oficios artesáns.
A día de hoxe este feito materialízase nas aulas de “Ganchillo e Patchwork” e “Ximnasia e Pilates”, das que vos ofrecemos cumprida información nesta sección da nosa web
